Mark Twain

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mark Twain
Mark Twain Sarony.jpg
Nome completoSamuel Langhorne Clemens
AlcumeMark Twain e Sieur Louis de Conte
Nacemento30 de novembro de 1835
 Florida, Missouri Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento21 de abril de 1910 (74 anos)
 Redding, Connecticut Estados Unidos de América Estados Unidos
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoWoodlawn Cemetery
Nacionalidadeestadounidense
Etniaestadounidense
Relixiónateísmo
Alma máterCascadilla School (Ithaca)
Ocupaciónxornalista, novelista, autobiógrafo, mestre, humorista, escritor de literatura infantil, escritor de viaxes, aphorist, escritor de ciencia ficción, escritor, prosista e xornalista de opinión
PaiJohn Marshall Clemens
NaiJane Lampton Clemens
CónxuxeOlivia Langdon Clemens (1870 -1904)
FillosLangdon, Susy, Clara, Jean
IrmánsOrion Clemens
Coñecido/a porAs aventuras de Huckleberry Finn e The Adventures of Tom Sawyer
Profesiónhumorista e escritor
Premioshonorary doctor of the Yale University, member of the Nevada Newspaper Hall of Fame e member of the Nevada Writers Hall of Fame
Na rede
IMDB: nm0878494 IBDB: 13531
Bitraga: 246 Musicbrainz: 4d584c99-249e-493f-8c5f-d022bd8de433 Songkick: 334328 Discogs: 463414 IMSLP: Category:Twain,_Mark WikiTree: Clemens-1 Find a Grave: 19697 Genius: Mark-twain Editar o valor em Wikidata
Mark Twain Signatures-2.svg
editar datos en Wikidata ]
Mark Twain (1909)

Samuel Langhorne Clemens, coñecido polo seu pseudónimo literario Mark Twain, nado na Florida, condado de Monroe, Missouri, o 30 de novembro de 1835 e finado en Redding, Connecticut, o 21 de abril de 1910, foi un humorista e escritor de gran reputación e popularidade dos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na diminuta aldea da Florida, en Missouri, a onde os seus pais emigraran preto dun próspero tío seu, John, propietario dunha tenda, unha granxa e uns vinte escravos negros. Aos catro anos, a súa familia trasladouse á veciña localidade de Hannibal (Missouri), porto fluvial no Mississippi, onde realizou os seus primeiros estudos. Moitas das lembranzas das súas novelas están inspiradas na facenda do seu tío e na vila de Hannibal.

Ao morrerlle o pai en 1847, viuse obrigado a traballar para soster a familia como aprendiz en imprentas e chegou a ser tipógrafo; xa en 1851 publicaba relatos de viaxes no xornal do seu irmán Orion, o Journal de Muscatine. Con este irmán emprendeu outras aventuras diversas á busca de diñeiro fácil trala firma do tratado Guadalupe-Hidalgo en 1848. Mentres, traballou en imprentas de Keokuk, Iowa, Nova York, Filadelfia e outras cidades, e máis adiante (1859) foi piloto dun barco de vapor, experiencia que o marcou profundamente e só deixou polo estoupido da Guerra Civil Americana en 1861. Despois foi soldado da Confederación e, tras desertar da Unión, negociante en madeira e mineiro de prata sen sorte en Nevada. Neste estado, ao que foi na compañía do seu irmán, que fora nomeado secretario do goberno federal no tal territorio, comezou a traballar como xornalista en 1862 no Territorial Enterprise de Virginia City e, no ano seguinte, comezou a asinar co pseudónimo "Mark Twain", que no Mississippi significa dúas brazas de profundidade (o calado mínimo necesario para a boa navegación).

Popularidade[editar | editar a fonte]

En San Francisco traballou como xornalista en The Californian, pero foi despedido tras disputas cos seus editores, que se negaban a publicar os seus artigos máis controvertidos. Entre eles, un sobre a discriminación dos chineses e outro sobre a brutalidade policial. Os traballos xornalísticos desta época foron recollidos máis tarde en Mark Twain of the Enterprise (1857). Tras quedar sen traballo e sen diñeiro, estivo a piques de suicidarse. A partir de 1864 comezou a frecuentar outros escritores, un deles Artemus Ward, humorista e conferenciante, que o animou e lle ensinou o negocio das conferencias. Soportou con dificultade a Francis Bret Harte, con quen colaborou nalgúns proxectos e ao que acusou de abandonar a súa esposa e ser un sabrista consumado. O seu relato The Celebrated Jumping Frog of Calaveras County (1865) deulle unha súbita popularidade e asinou ese mesmo ano un contrato co Sacramento Union para escribir unha serie de cartas sobre o servizo de pasaxeiros do recentemente inaugurado servizo de barcos de vapor entre San Francisco e Honolulu; apareceu xa perfilado o seu estilo cunha inimitable e mordaz ironía. Os seus editores (Webb, Bliss) comezaron a enganalo sistemática e impunemente sobre as vendas das súas obras.

Viaxes[editar | editar a fonte]

Mark Twain 2.JPG

En 1867 viaxou a Europa e Terra Santa, aproveitando para escribir o seu libro de viaxes Innocents abroad (1869), en que explotou humoristicamente e de forma epistolar -son cartas publicadas primeiramente en xornais norteamericanos- por unha banda, a decadencia, pretensiosidade e o aristocratismo antidemocrático europeos, e, por outro, o provincianismo pailán e a irreverencia dos estadounidenses en contacto con Europa. En 1870 casou con Olivia Langdon, o grande amor da súa vida, a quen chamou Livy. Olivia era filla dun capitalista progresista que axudou a escapar moitos escravos como parte da rede de liberación chamada Tren Subterráneo. Ao principio Olivia non prestou atención a Samuel, pero tras un ano de cartas diarias, terminou por namorarse do escritor. Seguiu escribindo libros de viaxes, como A Tramp Abroad (1880) sobre unha excursión aos Alpes e a Selva Negra alemá, e o clásico Life on the Mississippi (1883), composto con materiais publicados ou redactados anteriormente e que centra un período de introspección sobre a súa infancia e mocidade e no que figuran os máis valiosos libros narrativos do escritor: As aventuras de Tom Sawyer (1876) e As aventuras de Huckleberry Finn (1884).

A antiga casa de Mark Twain

Un investimento nun novo tipo de linotipia, a linotipia Paige, arruinouno completamente no pánico de 1893, pero logrou saír dos números vermellos dando conferencias por todos os Estados Unidos e ao redor de todo o mundo: publicou sobre esta experiencia o libro de viaxes Following the Equator (1897). Convenceu o xeneral Grant para que editase as súas memorias. Morreulle a súa filla rmáis vella, Susy, de meninxite, Livy quedou inválida e outro fillo morreu por descoido seu, como dolorosamente contou na súa My Autobiography; o escritor sumiuse nun negro pesimismo e nunha temible misantropía, de forma que ata el mesmo se deu conta de que o que escribía naquel tempo era mordaz de máis e impublicable para os parámetros de entón e deixou instrucións para que se editase trala súa morte. Fixo unha esgotadora viaxe coa súa esposa por Suráfrica, Calcuta, Australia e Nova Zelandia, dando conferencias e quedaron a vivir en Nova York. A súa esposa faleceu en Firenze en 1904. A súa filla Jean de súpeto en 1909; deste golpe apenas se recuperou e morreu catro meses despois, o 21 de abril de 1910, en Stormfield, Nova York. Só lle sobreviviu unha filla.

Foi recoñecido mundialmente durante os últimos anos da súa vida, e recibiu, entre outros, o doutoramento Honoris Causa pola Universidade de Oxford (Inglaterra), en 1907.

Obras[editar | editar a fonte]

Tapa de A Connecticut Yankee in King Arthur’s Court.

Entre as súas obras pódense citar:

  • The Innocents Abroad (1869), libro de viaxes satírico.
  • Roughing It (1872)
  • As aventuras de Tom Sawyer (1876), novelización sobre algúns personaxes da infancia do autor en Hannibal.
  • A Tramp Abroad (1880)
  • O príncipe e o esmoleiro[1][2] (1882), novela histórica.
  • Life on the Mississippi (1883), autobiográfica.
  • As aventuras de Huckleberry Finn (1884), considerada a primeira novela moderna da literatura norteamericana.
  • Un ianqui na corte do rei Arturo[3] (1889), fantasía histórica que encobre unha crítica á sociedade contemporánea.
  • Following the Equator (1897), libro de viaxes.
  • Pudd'nhead Wilson (1894), narración determinista cuxo fin é atacar a escravitude.
  • Personal Recollections of Joan of Arc (1896)
  • Unha sátira detectivesca de dobre canón (1902)[4]
  • Retallos do diario de Adán[5] (1904)
  • Diario de Eva[6] (1906)
  • O forasteiro misterioso (1916)[7]
  • My Autobiography, (1924) póstuma.

Contos:

  • The Man That Corrupted Hadleyburg (1899)
  • The War Prayer (1905)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha na Base de datos de libros editados en España
  2. Tamén editada como O príncipe e o mendigo
  3. Ficha na Base de datos de libros editados en España
  4. O título orxinal en lingua inglesa foi A Double Barrelled Detective Story. Kalandraka publicou a tradución ao galego e cargo de Antía Veres Xesto en 2018.
  5. Ficha na Base de datos de libros editados en España
  6. Ficha na Base de datos de libros editados en España
  7. O título orixinal en lingua inglesa foi The Mysterious Stranger. Publicouna en galego a Editorial Hugin e Munin en 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]